top of page

EXPERIENCIA PROFESIONAL

Produción
Anchor 1
Xestión de 
exposicións
"Vigo, a cidade retratada". Comisariado
Dende marzo ata setembro de 2015

Proposta e organización de contidos para a inauguración da sala de exposicións do Centro de Artes Fotográficas de Vigo. Proposta e deseño dos elementos e do espazo expositivo. Documentación e elaboración de textos. Preparación da documentación  para as accións de difusión. Dirección e supervisión dos traballos de montaxe e desmontaxe.

 

"Arquivo Fotográfico Pacheco. Arquivo Vivo". Produción
Dende outubro a decembro de 2014

Asesoría na selección das fotografías. Seguimento da produción das copias. Montaxe do material. Deseño expositivo para o espazo de Casa das Artes en Vigo. Tratamento de textos unificando formatos e realizando a corrección lingüística. Produción das fichas técnicas. Supervisión de materiais editados. Desmontaxe da exposición e clasificación do material.

 

 

Verbum Casa das Palabras. Coordinación
Dende febreiro de 2007 ata xullo de 2012 e dende xaneiro de 2013 ata abril de 2015

Responsable de coordinación de actividades. Auxilio no desenvolvemento e coordinación de programas. Posta en marcha da área de acción cultural. Colaboración co departamento educativo. Responsable do servizo de cesión de espazos. Elaboración e redacción de informes sobre contidos e sistema de visitas. Promove e coordina exposicións de referencia no centro como “A arte de facer libros”, “Lois Pereiro, Lírica Punk”, “O obxecto poético e a edición no mundo do Surrealismo”, “O libro de artista como colector de ideas” ou “Scriptorium Verbumiense”.

Mercado
da arte
Coordinación
de proxectos

Cidade da Cultura de Galicia. Ouvirmos. Servizo de coordinación e programación de actividades.
Dende setembro de 2017

 

Responsable, a través da empresa Ouvirmos e da man da dirección de acción cultural, da coordinación e programación de actividades. Revisión e supervisión das propostas de programación do departamento, elaboración de memorias e informes de actividades, elaboración de novas propostas e posta en marcha de novos programas.

 
 
Verbum Casa das Palabras. Coordinación
Dende febreiro de 2007 ata xullo de 2012 e dende xaneiro de 2013 ata abril de 2015

 

Responsable de coordinación de actividades do museo. Auxilio no desenvolvemento e coordinación de programas. Posta en marcha da área de acción cultural. Colaboración co departamento educativo. Responsable do servizo de cesión de espazos. Elaboración e redacción de informes sobre actividades, contidos e visitas. Promove e coordina actividades do centro como “Mércores no solpor”, “6x6”, “Poéticas para unha vida”, ciclos de cine, ciclos de lectura e presentacións de novidades editoriais e programas de teatro entre outros.

 
 
Asociación Profesional de Historiadores da Arte de Galicia APHAG
Dende xullo de 2005 ata marzo de 2014
 

Posta en marcha, desenvolvemento e xestión da asociación. Desenvolvemento de proxectos e actividades para os socios: plans de formación e difusión. Xestión e desenvolvemento das negociacións para a unión da asociación co Ilustre Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e en Ciencias de Galicia creando para iso a Sección Oficial de Historia da Arte da que é director na actulidade. Da súa etapa destaca a organización dos Encontros de Historiadores da Arte de Galicia así como a coordinación da conferencia de Guillermo Solana (Thyssen) sobre a historia da arte e a sociedade en rede.

 

 

STS Xestión Integral de Proxectos en Cultura e Patrimonio
Do 2003 ao 2005

 

Asesoría artística e produción da Feira de Artes Plásticas de Vigo nas  edicións 2003 e 2004. Secretaría técnica do XVII Congreso de Endocrinoloxía. Ciclo Pintores Galegos Actuais en Barcelona novembro de 2004 febreiro 2005.

 

 

 

Bach, a alegría móvese.

Notas ao programa. Orquestra Vigo 430. Vigo. Decembro, 2012.

 

Pequenos obxectos grandes formatos.

Texto para exposición e catálogo. Chelo Rodríguez. Capela do Hospital. Cangas. Setembro, 2011.

 

A tensión da serenidade. A serenidade da pasión.

Texto para exposición e catálogo Cor de Brasil: Vermello  Alessandra Dosselli. Brescia. Mayo, 2010.

 

Facianas.

Texto de presentación para exposición. Ángeles Jorreto. Liceo. Noia. Novembro, 2010.

 

Historia da arquitectura de Galicia: Planos e debuxos.

Resultado dos traballos de investigación desenvoltos dentro do grupo de investigación de Arquitectura e Urbanismo da Universidade de Santiago. 2005-2008.

 

A intervención e a xestión do patrimonio para usos culturais. O caso de Galicia 1995-2005.

Traballo de investigación. Cursos de Doutoramento.Certificado de estudos avanzados en historia da arte e da música. Universidade de Santiago. Santiago. Xuño, 2006.

 

Realismos, ou a reinterpretación do cotiá na pintura galega actual.

Texto para catálogo de exposición. Casino de Barcelona. 2005.

 

Ribeira Sacra, sinal de identidade. Proposta para a xestión dos recursos culturais.

Proxecto de fin de posgrado. Universidade de Barcelona. Barcelona. Xuño, 2004.

 

Santo Estevo de Rivas de Sil Actuacións de rehabilitación e valoración dende a historia da arte.

Investigación académica para fin de carreira. Universidade de Santiago. Santiago. Maio, 2003.

 

 

 

 

Crítica e investigación
Capacidades Informáticas

Excelente coñecemento do entorno Windows 8.1 e Windows 10 e manexo básico do entorno Mac. Excelente dominio do paquete Office 2013, e familiarizado con outros programas similares, especialmente para tratamento de textos, presentacións e bases de datos. Uso dos principais navegadores de Internet así como diferentes aplicacións de correo electrónico. Habituado ao traballo a través de redes sociais e entornos 2.0

Idiomas

Castelán e galego linguas maternas.

Inglés usuario independiente (B1)

Adaptabilidade a diferentes ambientes. Capacidade de comunicación e facilidade de expresión. Flexibilidade e alta capacidade de adaptación aos cambios. Carácter empático. Actitude proactiva e positiva.

Aptitudes sociais

Dotes para a dirección de proxectos. Alta capacidade analítica. Gran capacidade de expresión e redacción. Persoa responsable, competente e con capacidade de traballo e de asunción de riscos. Vocación de compromiso e de servizo a la empresa. Persoa interesada no sector cultural e informada das novidades e o que acontece no mesmo.

Capacidades Organizativas
Capacidades Artísticas

Cursados estudos de música hasta segundo ciclo de grado profesional coa especialidade de guitarra. Ten cantado como tenor en agrupacións coma o Collegium Compostellanum, Europa Chor Akademie, Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia ou Coro da Orquestra 430 o que lle permitiu adquirir importantes coñecementos sobre a produción no sector das artes escénicas. Afeccionado á música popular toca a pandeireta e recibiu clases de baile.

#Xestión cultural #Arte #Coordinación #Música #Plans de dinamización #Xestión do Patrimonio #Rider #Produción #Exposicións #Catalogación e inventariado #Concertos #Dirección #Loxística #Mercado da arte #Clásica #Xestión de proxectos #Consultoría #Xestión integral #Montaxe #Servizos culturais  #Facilities #Comisariado #Bens de interés cultural #Folla de ruta #Tradición #Plans museológicos #Comunicación #Folk  #Memorias artísticas #Conteporáneo #Redación e desenvolvemento de proxectos #Patrimonio #Planificación estratéxica #Historia da arte  #Informes técnicos

 

 

Habilidades
Didáctica e docencia
bottom of page