CARTA DE SERVIZOS
PRODUCIÓN


STAGE MANAGMENT
Dirección técnica e humana do que acontece no escenario e de cara ao público. Coordinación entre o equipo técnico e o artístico: dirección, son, iluminación, escenografía, artistas, persoal auxiliar, montaxe, maquinistas, seguridade...
REXEDURÍA

DISTRIBUCIÓN | MÚSICA | EXPOSICIÓNS
Deseño de programas artísticos. Creación de programas de actividades. Elaboración de programas expositivos. Distribución de grupos e espectáculos. Contacto con salas e promotores. Negociación de contratos e condicións. Promoción e comunicación.
PROGRAMACIÓN

TRABALLO CURATORIAL
Investigación, conceptualización, documentación e materialización de proxectos expositivos. Planificación museolóxica. Deseño espacial e museográfico. Negociación con artistas, organizacións e prestadores. Supervisión da produción.
COMISARIADO

EXPOSICIÓNS | ACTIVIDADES
Execución das directrices marcadas polo comisario ou director. Contacto cos organismos e equipos implicados. Xestión de espazos. Planificación. Organización de traslados, préstamos e cesións. Comunicación. Dirección da montaxe e desmontaxe.
COORDINACIÓN

DEPARTAMENTO EDUCATIVO
Deseño de programas didácticos para exposicións. Elaboración de materiais e guías. Creación de programas de visitas a bens patrimoniais. Coordinación de guías. Preparación de educadores. Execución de programas. Desenvolvementos de visitas.
SERVIZOS
DIDÁCTICOS

ATENCIÓN AO USUARIO
Planificación e asistencia na atención ao usuario. Reforzo do servizo de persoal. Servizos auxiliares de sala. Control de accesos. Vendas.
SERVIZOS
AUXILIARES

BENS DE INTERESE CULTURAL
Estudos histórico-artísticos. Investigación. Redacción de informes e memorias. Elaboración de plans directores. Deseño de plans de dinamización. Preparación de programas de difusión.
CATALOGACIÓN
E INTENVARIO

CONSULTORÍA | ASESORÍA
Deseño, redacción e desenvolvemento de proxectos. Estudos de viabilidade. Asesoramento sobre liñas de traballo. Planificación estratéxica. Programación cultural. Tramitación de convocatorias e subvencións.
XESTIÓN
CULTURAL